Mezua: Conclusións

2009-10-30

Permalink 16:13:07, Atalak: galeusca2009  

Conclusións

Os escritores galegos, cataláns e vascos, reunidos en Arantzazu do 9 ao 12 de outubro de 2009, baixo o lema "Hizkuntza txikiak, erronka handiak, Petites literatures, grans desafiaments, Literaturas minorizadas, grandes desafíos", tras os debates correspondentes, adoptaron as seguintes conclusións:

1- Realizar as adecuacións necesarias ao desenvolvemento da Federación Galeusca, reforzando a estrutura organizativa necesaria mediante o apoio ás presidencias coa creacióno de tres vocalías, unha en cada asociación, encargadas de:
    a) Profundar e implementar os contidos propios da Federación Galeusca, así como preparar a asemblea anual, na que se realizará o balance das actividades realizadas, recollido no correspondente informe de xestión.
    b) Asegurar o debate e o posicionamento público a respecto das iniciativas que positiva ou negativamente inflúan no desenvolvemento das respectivas culturas nacionais.
    c) Desenvolver durante todo o ano actividades conxuntas de interese profesional de acordo co plan de actividades de cada unha das asociacións.

2- Avanzar nos temas de propiedade intelecutal e dereitos profesionais nos seguintes aspectos:
    a) Valorar como moi positivos os novos contratos tipo pactados entre as asociación de escritores e o gremio de editores cataláns, recomendando a súa difusión e utilización futura.
    b) Incidir conxuntamente nos traballos da subcomisión parlamentar que estuda a revisión da Lei de Propiedade Intelectual.
    c) Propor tamén a actuación, como Federación e a través de European Writer´s Council, nos debates sobre lexislación e directivas europeas de propiedade intelectual, en especial as relacionadas co ámbito dixital, libro electrónico, novos formatos, etc.

Así mesmo, a Federación Galeusca, na súa defensa da liberdade de expresión, ante a próxima celebración do xuízo oral contra a dirección de Euskaldunon Egunkaria, quere facer chegar a súa solidariedade aos imputados e facer pública a súa esixencia de arquivo da causa.

Apoiamos as mobilizacións que se van celebrar en Galiza, Euskadi e Países Cataláns na defensa dos dereitos lingüísticos. Neste sentido, mostramos a noso total desacordo coas accións regresivas respecto á normalización lingüística adoptadas polo actual goberno galego.

Finalmente, a Federación Galeusca, no exercicio rotatorio da presidencia, comunica que Guillem-Jordi Graells (Presidente de AELC) é relevado por Cesáreo Sánchez Iglesias (Presidente de AELG), quen organizará o próximo encontro anual desta Federación.

Erantzunak:

Bidaltzailea: Kelli [Bisitaria] · http://www.yahoo.com/
You can awlyas tell an expert! Thanks for contributing.
Permalink-a mezu RSS 2012-10-07 @ 10:25
Bidaltzailea: oflvbwf [Bisitaria] · http://rtcyshgnqkkm.com/
dMYo4E wlpekmcfreti
Permalink-a mezu RSS 2012-10-08 @ 08:13
Bidaltzailea: xubungzf [Bisitaria] · http://dezwolmvacbp.com/
ip3OoB uverlwevwtqa
Permalink-a mezu RSS 2012-10-09 @ 09:22

Erantzun:

Zure eposta ez da orrialdean erakutsiko.
Zure URL-a erakutsiko da.
Onartutako XHTML etiketak: <p, ul, ol, li, dl, dt, dd, address, blockquote, ins, del, span, bdo, br, em, strong, dfn, code, samp, kdb, var, cite, abbr, acronym, q, sub, sup, tt, i, b, big, small, img>


authimage

Aukerak:
 
(Lerro saltoak <br /> bihurtzen dira)
(Izena, eposta & url-arentzako cookiak finkatu)
----------

Kudeaketa

GALEUSCA 2009

harremanetarako: eie@idazleak.org

Bilaketa

Estekak

Atalak

Blog hau sindikatu

Zer da hau?

Zure bloga eraman

  1. Bloga esportatu eta txt moduan gorde.
  2. blogariak.com-era joan Tresnak > Inportatu bidez zure blog berria informazioa ekarri.
Elurnet Informatika Zebitzuek eskaintzen duten zerbitzua
Ikastaroak, garapena, zerbitzu informatikoak, blogak

powered by
b2evolution